/ Xoguetes naturais. Outono-Inverno

Boneca de carozo e coca 7-a

Argalleiras e argalleiros, estades de sorte! Xa está dispoñible o segundo volume de Xoguetes Naturais, o caderno que nos ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas… Este segundo volume está dedicado aos xoguetes realizados con materiais propios do outono e o inverno. Os días son máis curtos e pequeneiros, as horas de xogar fóra da casa van minguando e os devezos de brincar medran ao ritmo da imaxinación. Non imos deixar de enredar por moito frío que faga ou aínda que á chuvia lle dea por aparecer un día si e outro tamén. Existen alternativas diversas e materiais dabondo para divertírmonos sen nos mollar ou acatarrar.

Bugallos, carozos de millo, nabos, cocas ou noces son só algúns dos elementos cos que poderedes construír muíños, cataventos, lanchas, bailaretes ou bonecas, entre outros.

Os 30 xoguetes acompáñanse de máis de 200 ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos prácticos e didácticos. Un total de 92 páxinas que presentan fichas para cada un dos xoguetes.

 

Xoguetes naturais. Outono-Inverno

PVP: 12 € (gastos de envío incluídos)

LOTE Xoguetes naturais. Primavera-Verán + Xoguetes naturais. Outono-Inverno

PVP: 20 € (gastos de envío incluídos)

FICHA TÉCNICA
  • Título: Xoguetes naturais. Outono-Inverno
  • Autor: Xosé López González e José M. García Fernández
  • Colección: Produtos Infantís
  • Data publicación: 14.12.2014
  • Formato: Caderno
  • Encuadernación: Rústica
  • Número de páxinas: 92
  • Número de CDs: 0
  • ISBN: 978-84-941053-8-8
  • Referencia Ouvirmos: VR4004
  • Cliente: Propia