/ Labregos do tempo dos Sputniks: Libremente

contracapa_labregos

Música para espabilar conciencias.
Grupo guerrilla.
Rapeiro, punkeiro, enxebre e irmandiño.
Verdades coma puños e moita rebeldía.
Os LABREGOS chegan, montan e tocan. Sen grandes artificios nin pose pero con talento e ideas claras a eito.
Terra, lingua, cultura, dereito á diferencia, mente aberta ao mundo … non hai fronteiras …
Son tempos de necesaria rebeldía. Son tempos de LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS.

Labreg*s por Vituco Neira.

Baixo o título de “Libremente” o selo Vir lanza ao mercado o primeiro disco de Labregos do tempo dos Sputniks, o proxecto musical integrado polo cantautor punk Leo de O Leo i Arremecághona,  García do colectivo hip hop Dios Ke Te Crew e Lydia Botana de Lydia Bolboreta.


FICHA TÉCNICA
  • Título: Libremente
  • Autor: Labregos do tempo dos Sputniks
  • Colección: Discos Selo Vir
  • Data publicación: 01.02.2016
  • Formato: Digipack
  • Encuadernación:
  • Número de páxinas:
  • Número de CDs: 1
  • ISBN:
  • Referencia Ouvirmos: VR0312
  • Cliente: