/ Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos

2011_Clarinete-piano_DIGIPACK_v5_PORTADA

Clarinete e piano. Antoloxía de compositores galegos é un triple CD de Asterio Leiva (Clarinete) e Alejo Amoedo (Piano) con todas as composicións galegas do século XX para clarinete e piano.

Por primeira vez, reúnense nun mesmo proxecto a práctica totalidade da música composta por autores galegos para esta formación camerística, cubrindo a totalidade das correntes estéticas e compositivas do século XX, e cunha salientábel variedade formal nas obras e as súas diferentes duracións.

Son máis de 160 minutos de música, con dez obras gravadas por primeira vez e tres composicións exclusivas dos autores Eligio Vila, Margarita Viso e Juan Eiras.




FICHA TÉCNICA
  • Título: Clarinete e piano. Antoloxía compositores galegos
  • Autor: Asterio Leiva e Alejo Amoedo
  • Colección: Discos Selo Ouvirmos
  • Data publicación: 02.04.2012
  • Formato:
  • Encuadernación:
  • Número de páxinas: 39
  • Número de CDs: 3
  • ISBN:
  • Referencia Ouvirmos: VR 0203
  • Cliente: