Lois Pereiro, a voz insurxente Blog, Boletíns - 21 de Decembro de 2010


Ouvirmos publica a Fotobiografía Sonora de Lois Pereiro, unha obra que nos achega ao seu mundo máis persoal a través das máis de 100 fotografías inéditas do seu álbum familiar. Imaxes que nos presentan o Lois neno, no seu primer aniversario, coa familia, nos Escolapios e o Lois adulto, cos amigos, retratado por grandes fotógrafos, en Madrid, Santiago, Berlín ou París.
Lois na praia
Sucesión de escenas dunha vida a contracorrente, narrada polo seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro. O libro –con prólogo de Manuel Rivas- inclúe dous CD’s, que recollen a voz do propio autor nunha entrevista radiofónica, así como unha selección dos seus poemas musicados. Estes documentos sonoros son analizados e comentados na obra por Lino Braxe e Xurxo Souto.